jueves, 19 de enero de 2012

Ruta polo Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

O Centro Cultural e Artístico Rueiro, organiza para todo aquel que o desexe, unha ruta polo Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro; este sábado 21 de xaneiro. Gústache o sendeirismo; despois das comilonas de nadal, apetéceche facer algo de deporte, o mesmo tempo que coñecer lugares novos...Pois a ocasión para todo o anterior, tela gracias o Centro Cultural e Artístico Rueiro.
Este sábado, 21 de xaneiro; ás 9 da mañán, de diante da Igrexa do Cristo da Victoria. Sairán os participantes da ruta desta ruta ruta de sendeirismo.
Nesta excursión, visitaranse as rutas do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Trátase dun conxuntos de arte rupestre o aire libre, formado por 70 pedras e rocas, con petroglifos de gran valor arqueolóxico e histórico.
Ademáis de contar con arte o aire libre, o parque conta cun centro de interpretación de 5000 m, no cal hai salas de proxección, exposicíóns...

Sen dúbida, trátase dunha bonita ruta coa que disfrutar das bonitas paisaxes e do medio ambiente, do que está formado o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.

No hay comentarios: