martes, 10 de enero de 2012

Curso de Informática Básica para adultos, na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Se hai unha actividade imprescindible no mundo no que vivimos, esa é a informártica. Trátase de algo básico, en calquer traballo ou para facer calquer xestión, é necesaria.
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos axudalo a avanzar, e a adaptarse as novas tecnoloxías. Por iso ofrecemos o cursiño de informática básica dirixida a adultos, entre as nosas últimas actividades.
O horario será, os xoves de 17:00 a 19:00, no local da nosa Agrupación.
Contamos con un profesional do mundo da informática, para a realización das clases. Desta forma, recibirán unha aprendizaxe de calidade; aproveitando cada un dos minutos de clase que o profesor lles impartirá.
Se queren máis información, achéguense ata as nosas oficinas na Rúa Panamá 2(enriba de Álvarez). Ou chamen o noso teléfono:886139670.

No hay comentarios: