miércoles, 4 de enero de 2012

Concerto de Reis

Para rematar estas festas, non hai nada coma un bo concerto de Reis, con boas corais,. Disfrutar dunha tarde de relax, escoitando panxoliñas e outros canteres. Este sábado, 7 de xaneiro, ás 20:00 horas, a Asociación Cultural O Coto, organiza un concerto de Reis, no auditorio da Fundación Mayeusis, na rúa Areal 138.
Neste certamen, participarán 3 corais, dispostas a dar o mellor de si. Elas son:
- Coral Polifónica "A Cela" de Baredo
- Orfreón "Val Miñor"
- Coro Polifónico "O Coto"
Xa saben, se queren disfrutar dunha boa tarde de relaz, escoitando boa musica, non o dubiden e achéguense ata o Concerto de Reis, organizado pola Asociación Cultural O Coto.

No hay comentarios: