miércoles, 25 de enero de 2012

Novos cursiños na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

¿Aínda non te enteraches dos novos cursos da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo? Pois non esperes máis e informate sobre as nosas clases de informática básica e talleres de memoria, ambos para adultos. Se non te manexas cos ordenadores, e precisas unhas boas clases para aprender; non o dubides e achégate para inscribirte no noso cursiño de informática básica.
O horario é os xoves, de 17 a 19 horas. As clases son impartidas por un gran profesor, nunhas boas instalacións e con todo o material que precisa.




Se o que prefire son unhas clases nas que realice técnicas de memoria, para axudarlle a organizar a súa mente; pode informarse sobre os nosos talleres de memoria.
Estes terán lugar os luns de 10:00 a 11:30 horas; de 11:30 a 13:00 horas; de 16:00 a 17:30 horas. Será unha boa profesional a encargada de impartir estes talleres do que moitas cousas podemos aprender.

Se precisa máis información sobre calquera dos nosos cursiños, pode chamar o número:886139670; ou pode achegarse polo local da Agrupación, na rúa Panamá 2.

No hay comentarios: