miércoles, 4 de enero de 2012

III Concurso de Rondaias da Diputación de Pontevedra

Xa se están rematando as invitacións, para o Concurso de Rondaias da Dipuación de Pontevedra, patrocinado pola Diputación de Pontevedra e organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. ¿Aínda non teñen a entrada para un dos eventos musicais máis importantes do ano? Pois pasen xa a recollela, pola Sede da Diputación de Pontevedra en Vigo (rúa O Porto), ou polo local da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo(rúa Panamá 2), en horario de 9 a 13 horas; e de 17 a 20 horas.
11 serán as rondaias participantes, na terceira edición deste concurso. O que si está asegurado, é o alto nivel musical, interpretativo e coreógrafo, que estes grupos teñen. Cousas que o xurado terá en conta, para decidir o veredicto final.
Todo está organizado, soamente falta que pasen a recoller as suas invitación e que o domingo, 8 de xaneiro, ás 17:00 horas, este no IFEVI, dispostos a pasar unha boa tarde.
É importante destacar, que ese día, tamén se darán entradas, pero isto non está asegurado, pois soamente é no caso de que non se repartan todas antes do domingo.

No hay comentarios: