jueves, 1 de marzo de 2012

Teatro no CVC de Valladares

Este sábado 3 de marzo, ás 20:30 horas terá lugar, no CVC de Valladares, a interpretación da obra "Acto Imprevisto", que pertence o Ciclo de Teatro Afecionado "Móvete en Valladares". A Federación Galega de Teatro Afecionado organiza, xunto co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais, e en colaboración co Grupo de Tetrao Escoitade, o ciclo de Tetrao "Móvete en Valladares".
A obra que este sábado será interpretada é "Acto imprevisto". Esta obra, reflicte o desorde e a suciedade que existe nun teatro os poucos días dunha estrea. No medio de todo esto, irrompen o esceario dúas limpadoras, que pouco a pouco, crearán unha trama, na que a través das suas tráxicas vivenzas recoñeceremos un mundo moi próximo.

Unha obra divertida e interesante, será a que se representará o día 3 de marzo, ás 20:30 horas no auditorio do CVC de Valladares.

No hay comentarios: