viernes, 2 de marzo de 2012

Teatro no CVC de Valladares. Obra: Esperando a Godot

O CVC de Valladares continua co ciclo de teatro afecionado, "Móvete en Valladares". Esta fin de semana, ademáis do sábado, será representada unha obra de teatro o domingo, 4 de marzo ás 20:30 horas da tardiña. Esperando a Godot, unha obra de Samuel Becket, trátase dunha comedia, de 80 minutos de duración, que estará dirixida por Beatriz Méndez; a cargo do grupo NNC Teatro.
Será unha traxicomedia de dous actos, na cal os actores principais son dous vagamundos. A obra pertence o teatro absurdo, escrita a finales dos anos 40. Fala sobre a carencia de significado da vida humana. Xa saben, se queren disfrutar dunha boa tarde de domingo de teatro, achéguense este domingo 4 de marzo, ás 20:30 horas, o auditorio do CVC de Valladares. Disfrutarán da representación teatral: Esperando a Godot.
Este acto está patrocinado por AGADIC; organizado por FEGATEA, en colaboración co grupo de teatro Escoitade.

No hay comentarios: