miércoles, 7 de marzo de 2012

8 de Marzo, Día da Muller Traballadora

Esta semana lévanse celebrando moitos actos, como celebracion do día da Muller Traballadora, un día no que se demostra o representación que as mulleres teñen no mundo laboral. A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, apoiamos este día e todos os actos e actividades que por él se realizan.
Moitos dos nosos colectivos, celebraron e celebrarán este día, con obras de teatro, coloquios, conferencias, concertos...unha serie de actividades que por suposto animamos a que se sigan realizando.

Como mostra do noso apoio a este día e a tódalas mulleres, non hai máis que mirar a nosa directiva. Está formada por seis persoas, das cales tres son homes e tres son mulleres. Isto trátase dun dato moi representativo para a Agrupación.

Sen máis, soamente queremos animar a tódalas mulleres traballadoras, tanto as que teñen contrato laboral, como as que non; a que sigan tendo esa forza e ese espírito, para loitar e seguir adiante co día a día que a vida nos presenta.

No hay comentarios: