jueves, 15 de marzo de 2012

Homenaxe o Día do Pai, no CCR de Cabral

Achégase o 19 de marzo, ese día no que os Xosés, están de celebración. Esa data tamén se coñece coma o Día do Pai, e o CCR de Cabral quere celebralo con todos nós.
Neste día tan especial para os pais de familia, o Centro Cultural e Recreativo de Cabral, quere convidalos o festival que realizará no auditorio deste colectivo.
O festival terá lugar este domingo 18 de marzo, ás 18 horas, no local do Centro Cultural e Recreativo de Cabral.
Actuarán varios grupos de gaita, estes faránnos disfrutar dunha fabulosa tarde de domingo, o son das gaitas e dos tambores. Así que xa saben, anímense e achéguense este domingo ata Cabral. Disfrutarán dun bo festival de música tradicional.

No hay comentarios: