jueves, 29 de marzo de 2012

2 de abril, Día Mundial de Concienciación do Autismo

Unha enfermidade como é o autismo, que cada ano aumenta a súa incidencia, debe ter un apoio continuo da sociedade e do goberno. Para concienciar as persoas sobre a presenza desta enfermidade e conmemorar a todos aqueles que a sufren, o 2 de abril celébrase a día Mundial de Concienciación do Autismo. Este luns, 2 de abril ás 18 horas da tarde, tendrán lugar no salón de actos do MARCO na rúa Príncipe, unha serie de actos para celebrar o día Mundial de Concienciación de Autismo.
As actividades que terán lugar para conmemorar este día, serán a presentación do libro "Un soño na bandexa", adaptado a lectura con pictogramas; ademáis dunha sesión de contacontos.
Este ano, será a V Edición do día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, e centrarase na detección precoz de indicadores, chamados Trastornos do Espectro do Autismo (TEA).

As entidades organizadoras desta bonita e especial celebración son a Fundación Menela e a Editorial Galaxia. As entidades colaboradoras son O Concello de Vigo; o museo MARCO; detras do MARCO e marketing Agua de Mayo.

No hay comentarios: