lunes, 26 de marzo de 2012

Conferencia sobre ¿que é o software libre?

Un tema como a informática, de tanta importancia nestes momentos, debe ser tratado por profesionais, para educar a poboación e para facerlle chegar a todo o mundo, a sua importancia no século no que vivimos. Mañán, martes 27 de marzo, ás 19:30 horas, no salón de actos da EOI, habrá unha conferencia sobre "¿que é o softeware libre?¿como podo axudar?".
Será unha charla impartida por Miguel Anxo Bouzada, de Asociación Trasno e por Roberto Brenlla, de Tegnix. Organiza o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Nesta conferencia, explicarán de que se trata o software libre, e nos axudarán e educarán, para estar máis informados e actualizados no mundo da informática. Algo imprescindible no mundo no que vivimos.

Xa sabes, se che apetece coñecer algo máis sobre o munod dos ordenadores, achégate mañán ata a EOI de Vigo.

No hay comentarios: