martes, 6 de marzo de 2012

Día da Muller Traballadora na ACRD Pardavila

Como todos sabemos, o día 8 de marzo, celébrase o Día da Muller Traballadora, e a ACRD Pardavila, organiza para todos unha interesante tarde de teatro e coloquio. Este xoves, 8 de marzo, ás 20 horas, no local da Asociación Cultural Recreativa e Deportiva Pardavila, representarase a cargo de Koilon Teatro, a obra" El Despertar" de Darío Fo, baixo a dirección de Marisa Prado.
O remate de obra de teatro, habrá un coloquio sobre o que representa o Día da Muller Traballadora. Sen olvidar os aperitivos e o viño español, os que a Asociación invitará o remate da obra e do coloquio.

A entrada a este fabuloso acto será gratuita; polo tanto non tedes escusa para faltar a celebración do Día da Muller Traballadora, que a Asocación Cultural Recreativa e Deportiva Pardavila, organiza para todos nos.

No hay comentarios: