jueves, 11 de julio de 2013

Rolda de prensa - Festa da Cultura de Vigo


  O Concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, e o Presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, Roberto Giráldez, presentaron está mañá, en rolda de prensa , a 4ª edición da Festa da Cultura de Vigo, patrocinada en exclusiva polo Concello de Vigo.
O Concelleiro invitou “ a tódalas viguesas e vigueses a participar de forma activa nesta Festa da Cultura 2013”.
Roberto Giráldez salientou que esta festa “ recolle o resumo do traballo realizado durante todo o ano por parte das diferentes entidades culturais da cidade”.

O evento terá lugar os días 12,13 e 14 de xullo na Porta do Sol de Vigo, rúa Príncipe e Museo MARCO.  Haberá actuacións musicais, teatro, desfiles, mostras de artesanía e concertos, entre outros.

No hay comentarios: