viernes, 19 de julio de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana



 ROMARÍA DO CRISTO DOS AFLIXIDOS  DE BOUZAS  
( FESTA DE INTERESE TURÍSTICO)
 
Venres 19:  Ás 21.45 h. lectura do pregón inaugural na Casa Rectoral, a cargo de Fernando Franco, periodista. A continuación acto de nombramento dos Cabaleiros de Bouzas 2013. Ás 23.15 h comezará a festa coa espectacular verbena a cargo da orquestra Ciudad de Cristal na praia, o grupo Acirema na Pérgola, e o concerto do grupo Black Stones no Paseo Valentín Paz. Durante a noite tamén actuará a Banda de Música Cultural de Vilanova de Arousa.

Sábado 20: comezará o día coa salida dos pasarúas a cargo da Banda de Música Unión de Coruxo, con saída e chegada á Alameda de Bouzas. Ás 12.00 h., sairá o Desfile de Xigante Cabezudos acompañados da Banda de Música que recorrerán as principais rúas, culminando na Alameda cun concerto á cargo da citada banda. Os actos relixiosos do día terán lugar ás 13.00 h. coa Misa dos maiores, dando paso a culminar os actos litúrxicos o Xantar de Homenaxe ós Maiores na Zona Franca.

Pola tarde, ás 17.00 h., Campeonato Mundial de Faluchos-Praia, ás 18.00 horas actuación da Banda de Música Unión de Coruxo na Alameda e, no mesmo lugar, ás 19.00 h., animación infantil con Troula. Ás 20.00 h.  acto de entrega de trofeos do campionato e entretemento con actividades de pintura, canasta, etc. A partir das 20.45 h., comezará a festa-verbena a cargo do grupo Alvein na Pérgola. Ás  21.00 h., actuación da Banda de Música Unión de Coruxo na Alameda e, ás 21.15 h., darase paso á actuación da orquestra Solamérica na zona da praia. Ás 00.00 h., terá lugar a actuación en concerto de La Mafia no Paseo Valentín Paz Andrade, e media hora máis tarde a Banda de Música Unión de Coruxo comezará a súa actuación na Alameda, trala cal, darase paso novamente ás  actuacións musicais a cargo das orquestras que animarán a festa ata altas horas da madrugada. 

Domingo 21, comezará o Día Grande do Cristo dos Aflixidos de Bouzas, coa saída dos pasarúas a partir das 10.30 h., acompañados da Banda Popular de Rubiós que sairá dende a Alameda de Bouzas. Ás 11.45 horas, recepción de autoridades no Adro e, quince minutos máis tarde, terá lugar o acto principal do día coa celebración da misa solemne cantada pola Coral Casablanca. Ás 12.45 h., a citada banda do día, ofrecerá un concerto na Alameda, e volverá a deleitar novamente a todos os presentes, cun concerto ás 18.00 h. Ás 19.00 h., Troula animación encargará de traer a música e o baile á Alameda.

Ás 20.15 h., a citada banda do día dará novamente un concerto na Alameda, e ás 20.45 h., na Pérgola, terá lugar a actuación do Grupo D´Diseño. Ás 21.30 horas, sairá a multitudinaria Procesión do Santísimo Cristo dos Aflixidos, polas principais rúas. Chegada a noite, terá lugar a partir das 23.00 h., o IX Festival Poético Piromusical Ciudad de Vigo Vila de Bouzas, que se levará a cabo na praia de Bouzas. Ó finalizar o festival, darase paso á verbena a cargo da orquestra Solamérica na praia. Ás 00.15 h., a Banda Popular de Rubiós dará un concerto entre os asistentes, e ás 00.30 h., concerto de Fabulosos Cubatsa Fucking Brother no Paseo Valentín Paz Andrade . A continuación a verbena a cargo do grupo D´Diseño e a orquestra Solamérica.


FESTAS EN HONOR A SANTA MARIÑA DE CABRAL 


Venres 19:  Ás 23.00 h. actuación da orquestra Cé Orquesta Pantasma -O Home Orquestra e  o grupo de rock Recambios Tucho, que tocará a partir das 00:00h.

Sábado 20: tradicional pasarúas a cargo do grupo de gaitas Os Parrulos. Ás 16.00 h. poderase disfrutar da Carreira Federada de Carros de Bolas e ás 22.30 h. as orquestras Pontevedra e Ceniza serán as encargadas de animar a verbena


Domingo 21: Misa cantada pola Coral Santa Clara de Lavadores que terá lugar ás 12.30h. Ás 18.00 h.  os máis pequenos poderán disfrutar coa Festa Infantil, e ás 22.00 h., os grupos Nuevo Milenio e Amaraca serán os encargados de pór a nota musical á verbena.


No hay comentarios: