viernes, 5 de julio de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana

FESTAS DA CONSOLACIÓN DE COIA


Venres 5 de xullo, a partir das 21.00 horas, comenzarán as festas de la Consolación en Coia, coa lectura do pregón inaugural que este ano estará a cargo de Bertila Fernandez (viguesa distinguida do ano 2012). Ás 20.00 horas, celebración da misa da novena en honor á Virxe da Consolación. Tamén tenrá lugar a actuación do grupo de baile Peña Xuntanza de Coia. Pola noite, a verbena  estará amenizada polas orquestras Paladium, con pases ás 22.00 e ás 01.00 h, e Gran Parada, con actuacións ás 23.30 e 02.30 h.

Sábado 6, a Banda Municipal de Música de Silleda ofrecerá un concerto ás 13.00 h na Avda. de Castelao. Durante a tarde celebrarase a misa da novena ás 20.00 h, e a  mesma hora na Avda, de Castelao, tenrá lugar a actuación de clase aberta de Zumba, impartida por monitores de Curves. Ás 21.00 h. a actuación do grupo de baile Rueiro do Cristo da Victoria. Pola noite, a verbena estará amenizada polas orquestras Marbella, con pases ás 21.30 e ás 01.00 h, e Aché, con actuacións ás 23.00 e 02.30 h. Ás 00.30 h., e coincidindo co descanso da verbena, terá lugar un impresionante espectáculo pirotécnico a cargo de Pirotecnia Rocha de A Coruña, e ó finalizar dará continuación a festa que se prolongará ata a madrugada.

Domingo 7, ás 13.00 horas, disfrutaremos dun concerto a cargo da Banda de Música Municipal de Valadares. Durante a tarde, celebrarase a misa solemne ás 20.00 horasÓ finalizar salirá a procesión polas principais rúas do barrio de Coia. Finalizarán os actos do día con Concerto da Banda de Música Municipal de Valadares na Pza. da Consolación e coa celebración da verbena a cargo das orquestras Salsa Rosa, con pases ás 21.00 e as 01.00 h., e Olympus, con actuacións ás 23.00 e 02.00 h., que amenizarán a noche ata ben entrada a madrugada.

AUDICIÓN FIN DE CURSO 2012/2013 DA ESCOLA DE MÚSICA DE VALADARES


Sábado 6 de xullo. Actuacións dos alumnos da escola ás 19h. no Centro Cultural de Valadares. Pechará o festival a Banda Escola de Música de Valadares.

COMESAÑA EN BICI


Domingo 7 de xullo. Marcha ciclista pola Parroquia de S. Andrés de Comesaña.O percorrido será de 8 Km e poden participar tanto nen@s como adult@s. A inscrición é gratuita e realízase na Cafetería da entidade, ou ben no correo: vogxuventude@gmail.com. Saída dende o Centro Cultural Nautilus  (Camiño de Sanín , 54 )



No hay comentarios: