lunes, 1 de agosto de 2011

"Torneo Deputación de Pontevedra, de futbol veteranos de Vigo"

O practicar deporte é algo para toda a vida, que non ten idade, isto é o que pensan os participantes deste Torneo de Futbol Veteranos, patrocinado pola Deputación de Pontevedra, e organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

Este torneo levarase a cabo os días 6 de agosto e o 20 de agosto; en diferentes campos do concello de Vigo.
Serán moitos os equipos participantes neste campeonato, con xogadores dispostos a dar o máximo en cada partido. Cada unha das xornadas estará chea de enerxía, tensión,...pero sobre todo poderase disfrutar dun futbol moi ben xogado.

Este sábado 6 de agosto, comeza o Torneo de futbol veteranos. Habrá diferentes partidos, en varios campos, cos seguintes horarios:
* Campo de fútbol de Fragoselo
- Partido 1, ás 17:30 horas:
Señorio Rubiós- Solleiro
- Partido 2, ás 19:00 horas:
Escuadrón 111- Veteranos Tomiñeses

* Campo de fútbol de Beade
- Partido 1, ás 17:30 horas:
Valeixe- C.Guisande
- Partido 2, ás 19:00 horas:
El niño- Granitos Urbanos

* Campo de fútbol de Chapela
- Partido 1, ás 17:30 horas:
Dunas- Piscis Domaio
- Partido 2, ás 19:00 horas
Couto- Panadería Alteirán

* Campo de fútbol de Valladares
- Partido 1, ás 17:30 horas:
Baredo- Mougás
- Partido 2, ás 19:00 horas
Volante- Ribadetea

* Campo de fútbol de Matamá
- Partido 1, ás 17:30 horas
Vincios- Chapela
- Partido 2, ás 19:00 horas
Alcabre veteranos- Xuntanza

Como poden comprobar, este sábado 6 de agosto, habrá unha chea partidos dos que disfrutar, e seguro que algún dos campos nos que se realizará o torneo, está preto da súa casa.
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais estamos moi contentos e animados, por organizar este Torneo de Fútbol Veteranos, pois é unha forma de promover o deporte na nosa cidade. Todo isto é gracias o patrocinio da Excelentísima Deputación de Pontevedra, e por suposto a colaboración e participación de todos vostedes.

No hay comentarios: