Achégase o 19 de marzo, ese día no que os Xosés, están de celebración. Esa data tamén se coñece coma o Día do Pai, e o CCR de Cabral quere celebralo con todos nós.

O festival terá lugar este domingo 18 de marzo, ás 18 horas, no local do Centro Cultural e Recreativo de Cabral.
Actuarán varios grupos de gaita, estes faránnos disfrutar dunha fabulosa tarde de domingo, o son das gaitas e dos tambores. Así que xa saben, anímense e achéguense este domingo ata Cabral. Disfrutarán dun bo festival de música tradicional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario