viernes, 30 de noviembre de 2012

Semana de Teatro Afeccionado de Vigo 2012. Última actuación

Despois de catro actuacións, dos fantásticos grupos de teatro da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, este sábado remata a Semana de Teatro Afeccionado de Vigo.

O grupo de teatro Porta Aberta, será o encargado de rematar este proxecto que durante o mes de novembro, fíxonos disfrutar a todos con representacións teatrais de gran calidade.

Mañán, sábado 1 de decembro, no auditorio da SCD Atlántida de Matamá, será representada a obra "O Achado do Castro", obra de Manuel Núñez Singala, baixo a dirección de Froíña García. 
Unha obra divertida,basada na Roma Antiga que conseguirá que todos nós durante 90 minutos, olvidemos a  rutina do día a día, e nos centremos na obra e nos seus personaxes.

Xa sabedes, se queredes pasar un bo rato, e disfrutar dunha boa representación teatral, a cargo dun grupo da cidade de Vigo, mañán achegádevos a SCD Atlántida de Matamá ¡Non vos arrepentiredes!


No hay comentarios:

Publicar un comentario