viernes, 23 de noviembre de 2012

Fin de semana musical no CVC de Valladares

O CVC de Valladares, como tódolos fines de semana, ofrécenos unha chea de actos para axudarnos a pasar dous días, cheos de música, aproveitando a celebración da patroa dos músicos, Santa Icía.

Celebración de Santa Icía:
O sábado 24 de novembro:
- Ás19 horas, haberá unha misa adicado a tódolos socios defuntos do CVC de Valladares, a cal será cantada porla coral poliofónica do CVC de Valladares
- Ás 21 horas, no auditorio do CVC de Valladares,  un concerto no que actuará "Sueño de Calíope", un gran espectáculo de voces e piano, tendo como invitada especial a bailarina "Nerea"

O domingo 25 de novembro:
- Ás 12 horas, misa de Santa Cecilia cantada pola coral do CVC de Valladares, saíndo unha procesión cando remate a misa
- Ás 13:15 horas, actuación da banda de música,  UM de Valladares, no auditorio do CVC de Valladares

Rastrillo solidario:
Como tódolos sábados ata final de ano, na entrada do CVC de Valladares estase a celebrar un Rastrillo Solidario, para axudar os veciños da parroquia que máis o necesiten.
Cada un de nós, podemos axudar de dúas maneiras, a primeria é levando obxectos de segunda man, que non usemos pero que estén en bo estado. xoguetes, libros, cuadros, roupa ...
A segunda forma de axudar, sería achegándonos ata o CVC de Valladares, e mercar algunha das moitas cousas que se venden neste rastro.
Ademáis, hai un posto de recollida de alimentos non perecedeiros.

Como poden ver, o CVC de Valladares non só pensa na festa, se non que tamén pensa nos veciños máis necesitados, buscando a mellor forma de axudalos.
Con un pequeno xesto, podemos facer moito. ¡Anímate e colabora!

No hay comentarios:

Publicar un comentario