Sen dúbida, asistir a Festa da Cultura de Vigo non ten nada que perder. Habrá actuacións de folclore, teatro, baile, bandas de música; non faltarán stands dos nosos colectivos, os cales representarán a súa historia, as súas actividades, habrá degustación de comida e bebida,...e como remate de festa, o domingo a noite o concerto da grandísima gaiteria Susana seivane. Ademáis de todo isto, habrá regalos para tódolos asistentes.
Como poden ver, trátase dun acontecemento o que non poden faltar. A dierctiva da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, animámolos para que non se perdan esta Festa da Cultura de Vigo.
Teñen dende o sábado ás 10 da mañán, ata o domingo ben pasada a noite, para disfrutar deste acontecemente cultural, que non poden perder e no que non teñen tempo para aburrirse.
A programación da Festa da Cultura de Vigo será:
Sábado 2 de xullo
- 10:30 Os Trasnos da gaita
- 11:00 Coro Portugués "Vox- Populi"
- 12:00 Xalundes Danzas do mundo
- 12:30 A.F. Corisco
- 13:00 Acto Central
- 13:30 Acordeóns CVC Valladares
- 14:00 COMIDA
- 19:00 A.F.Rueiro de Coia
- 19:30 A.F.Queixumes
- 20:00 A.F.Os ventos de Comesaña
- 20:30 A.F.Froles Novas
- 21:00 A.F.Andarela
- 21:30 A.F.Asubío
- 22:00 Monteira Danzas do Mundo
- 22:30 Grupo Folc Xistra de Coruxo
Domingo3 de xullo
- 11:00 Grupo de gaitas "a Buxaina" do C.R.A.C. de Coruxo
- 11:30 Grupo de gaitas "Fume de Caroso" do c.C. de Cabral
- 12:00 Banda de Música Atlántida de Matamá
- 14:00 COMIDA
- 20:00 Charanga "los Clavelitos"
- 21:00 Banda de gaitas Charamuscas da S.D.R.C Helios de Bembrive
- 22:00 Concerto Susana Seivane
Aclarar que estes horarios pertencen os que estes grupos farán no esceario montado na Porta do Sol. Pero media hora antes desta actuación, os grupos farán pasarúas por distintas zonas de Vigo.
Nada máis dicir, que esperamos a súa visita pola Festa da Cultura de Vigo, que con tanto ánimo e ilusión a directiva da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, levamos organizando dende fai meses.


Facer deporte; disfrutar dunhas maravillosas vistas; pasar un bo rato;...todo isto e moitas cousas máis serán as que terán lugar este domingo, gracias a Marcha Popular polos montes veciñais en man común de Cabral e Candeán, organizada pola Agrupación Cultural "O Coto".
Se temos que nombrar a un grupo ou asociación, que difunda a cultura galega, non só polas nosas cidades, se non que tamén a nivel nacional e internacional, esa é a Asociación Folclórica Andarela. Promove o folclore galego, cunha calidade, que non deixa indiferente a ninguén; marcando o máis alto nivel alá donde vaian.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, con colaboración da Sociedade Deportiva e Cultural Atlántida de Matamá, organiza este sábado o "Festival Musical", no que participarán catro grupos de baile.